¿Qué é un formato?
Cando estás escribindo un artigo, retocando unha imaxe, construíndo unha páxina web, escoitando unha canción ou mirando a túa película favorita na túa computadora, estás manexando arquivos. Para que estes arquivos sexan abertos, lidos ou modificados coas túas aplicacións favoritas, necesitan ter un
formato. Un formato é o que permite a unha aplicación interpretar os datos crudos nun arquivo. Noutras palabras, un formato é un modo de representación destes datos. Moitas veces, os formatos de arquivos están marcados na extensión do nombe do arquivo: o sufixo de tres letras co que o nome do arquivo termina. Por exemplo
mypage.htm é un documento escrito en HTML; hai formatos específicos para imaxes (como JPEG, PNG, GIF, TIF, BMP), texto simple (ASCII, comunmente marcado coa extensión
.txt), para texto formateado (HTML, RTF, DOC) e para documentos listos para a impresora (PDF, PS).
There are no comments on this page. [Add comment]